18/11/09

LUNA NUEVA

Hoxe estrenase no noso país a segunda parte da Saga de Crepusculo. Polo que teño entendido, so se estrea en España, un detalle das distribuidoras cos fans. A presentación foi onte, pero a estrea xeral será o venres.

Como podedes ver no trailer, en esta entrega toman mais protagonismo os homes lobo.
Confesarei que Jacob me caia bastante mal ata o último libro, pero agora que o vexo na pantalla, igual me cae un pouco mellor...

16/11/09

CONTA ATRÁS PARA O XACOBEO


A semana pasada, cruzando pola alameda cara a zona vella, atopei este curioso contador. Para o meu gusto está un pouco mal situado, xa que dende a Porta Faxeira non se ve, porque queda detrás das arbores, e en dirección contraria vese a parte de atrás e non se sabe ben o que é... Perp eu como teño alma de cotilla metinme entre as arbores para ver que poñia e mira ti: a conta atrás para o xacobeo 2010!!
A ver que tal lles sae...

04/11/09

PREMIO SANTIAGO (e) TAPAS




O fin de semana pasado tocounos disfrutar do premio conseguido no Santiago (e) Tapas por gañar o tapasporte colectivo. O merecido agasaio era unha estancia no Pazo de Lestrove. Un pazo reconstruido fai poucos anos e convertido en un hotel de catro estrelas. Na parte de arriba deixovos unhas fotos de algunhas partes do pazo que non poidemos disfrutar por mor da choiva.
Como era sabado, tiñamos que ir tomar unhas copiñas, e aló marchamos dar unha voltiña por Cesures. Que dito sexa de paso, como era a noite de Hallowen atopamos diversos persoaxes disfrazados. Deixovos tamen unhas instantaneas da noite.

27/10/09

POLAS CIMAS ASTURIANAS

Fin de semana en terras asturianas.
Aproveitando que o sabado non chovia e o tempo se prestaba para facer algunha actividade marchamos a dar un paseo de duas horiñas polos Lagos de Saliencia, no Parque Natural de Somiedo. Despois de deixar os rapaces para facer unha ruta en bici, nos as tres marchamos cara o Puerto de Ventana, entre Babia e Somiedo para facer unh anaquiño da ruta dos lagos. Menos mal que eu non sabia que era un dos sitios da peninsula de maior afluencia de osos. E menos mal que xa deben estar hibernando, porque se non probablemente eu non fose tan tranquila como fun.
A volta, baixando xa en coche puiden ver alguns Teitos que son construccións tipicas feitas con pedra e co teito de xesta.

Xa o domingo, vendo que ata facia sol e todo, diriximonos a Otura a escalar. Eu xa escalara varias veces, pero ahi tiven o meu primeiro contacto asegurando. Gracias a Teresa que se fiou de min, e tampouco é tan dificil.








20/10/09

CHAM-PIÑON

Nunca me atrevín a presumir de cociñar ben. Ademais, levo bastante mal as criticas culinarias. Por enriba, non son amiga dos fornos, e a bechamel sempre me sae mal. Pois esta vez ainda me saiu bastante ben o conto. Champiñons recheos de bechamel con xamon. Quedaron no segundo posto de 14; no 1º concurso de Tapas (e) dafo...

14/10/09

S. FROILAN


Como todos os anos, o S. Froilan ateigado de atraccións. Esta foi unha das que mais gracia me fixo. Non pola atracción en si, se non polas compañeiras.

05/10/09

San FROILAN '09

Aqui vos deixo o cartel de este ano. Haberá que ir dar unha voltiña, non? Aparte dos aventureiros de sempre, alguen mais se apunta a vir?
Deixovos o enlace para que poidades ver o que hai, a ver si algo vos gusta e vos animades.